miércoles, 4 de junio de 2008

Resposta das preguntas

1-*¿que defende o positivismo xuridico?*


O positivismo xurídico defende os dereitos no cal o valor queda supeditado ao poder que os fai cumplir.





2-*¿que quere dicir que os dereitos humanos son dereitos naturais?*



Que todo ser humano nace con eles xa que son,poderia dicirse,propios da nosa especie.

Son naturais porque non son implantados por ningunha forma de goberno,igual que estas mismas non nolos podes arrebatar.Porque todo ser humano probeña de onde probeña,teña a cultura que teña,etc...nace con estes dereitos e ningen llos pode arrebatar.



3-*¿que problemas percibes para a implantacion internacional dos dereitos humanos?*



Dende o noso punto de vista os principais problemas que se observan son :



*as distintas culturas->xa que cada unha ten a sua forma de ver os dereitos que os seus fieles deben ter,e que deben cumprir.

*a busqueda da tradicion en moitos gobernos->xa que moitos intentan regresar as tradicions que habia antes e a vivir como se vivia antes.

*a intolerancia demoitos paisese gobernos dos mesmos->principalmente no tema do racismo e tolenrancia con respecto a outras culturas.

*que moitos de nos defendemos estes dereitos na teoria pero que a hora da practica somos os primeiros en non respetalos.Porque todos queremos ter dereito a eses dereitos pero somos os primeiros en que non respetar os semellantes e os primeiros en encargarnos de arrebatarlle eses dereitos a algen,que por asi decilo,nos cae mal.




4-*¿caracteristicas dos deritos humanos?*

Son inalienables: non poden ser cancelados nin outorgados por ningunha institución, pois son previos a elas. Pódese afirmar que existen aínda que non sexan recoñecidos.

Son universais: posto que son válidos para calquera persoa, independentemente do lugar no que resida, posición social, relixión, raza, sexo e tamén do tempo no que se desenvolva a súa existencia.

Son ideais: propóñense como orientación para a formulación dos distintos códigos legais nas distintas sociedades de xeito que quedan recollidos no dereito positivo.


5-*¿que quere dicir ius naturalismo?*

O Ius ou ben xuridico e o ben concreto a unha persoa en virtude de un titulo.
Titulo de natureza humana. O que cada un ten por integridade do seu ser.
Afirma que todo dereito creado polo hombre reconoce como limites as exigencias deribadas da natureza.



6-*Diferencias entre fundamentacion etica,teoloxica,politica e historicista*

A fundamentación ética: tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo á fonte que os xera, é dicir, á súa orixe.

Fundamentación teolóxica: que afirma que esa orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza.

Fundamentación política: desde a práctica da política faise necesario tamén dar razón da validez e funcionalidade dos Dereitos Humanos.

Fundamentación historicista: este tipo de fundamentación fai da Declaración de Dereitos Humanos un documento en perpetua revisión e transformación.

Preguntas e respostas sobre o texto

¿Qué tipo de danos se provocan?

Roubo,danos físicos,morais,etc.


¿A quén ou quenes se lle poden imputar as consecuencias do suceso?

Á modelo,ó conductor de diante ,ó servicio de urxencias,á pizzería,ó hospital


¿Qué tipo de castigo debería establecerse?

Depende de quen sea o culpable de todo.Pero a pena ou castigo debería ser unha multa cuantiosa ou unha pena leve de cárcel

Outros casos

¿Cándo se considera que un acto é ilícito?

Un acto ilícito é calquera conduta humana que contradiga o ordeamento xurídico, pero non todo acto ilícito se considera delito.



¿Cál é a razón de que non o sexa?

En razón da gravidade das consecuencias dunha acción determinada podemos distinguir entre falta e delito. Na primeira as consecuencias son de menor gravidade e pode ser causada de xeito involuntario ou casual.

¿Cál é a característica esencial do delito?

O acto que se realiza está recollido nalgún código legal

¿En que casos da columna da esquerda dirías que existe responsabilidade do suxeito que actúa nos resultados da acción?

Eu diría que en todos menos no coche que lle fallan os frenos.

Entrevista

-¿Díganme , quen toma a decisión de marchar?
Non che sabería decir,pero penso que foi unha decisión conxunta.

-¿E, cal foi o motivo de elexir Argentina, tiñan a alguén por alá?
A verdade é que non tiñamos a niguén por alá,pero eran malos tempos e había que intentalo.

-¿En que ano marcharon?

Arredor do 1954,tiñamos uns 20 anos

-¿Levaban un destino fixo, tiñan contrato de traballo?
Non, a verdade é que non tiñamos traballo,pero coma xa dixen había fame e había que intentalo.
O destino era Argentina,aunque a min non me houbera importado ir a Venezuela.

-¿E os fillos naceron alá , logo?
Sí,de feito tubemos tres,duas mulleres e un home,todos naceron alá


-¿Entón cal foi a causa da volta?
Pois chega un momento en que os rapazes xa son grandiños,e apáñanse ben sen seus pais e plantexámonos que ou recollíamos os trastos ou seguíamos alá para sempre. Así que aínda con moita pena, decidimos voltar.


-¿Tiveron problemas para atopar traballo?
Miña muller atopouno deseguida gracias a unha antiga amiga,a min levoume algo máis de tempo,pero finalmente atopeino no que a min me gustaba.

-¿Votan de menos Argentina?
A verdade é que un pouco sí,vivimos bos momentos alá,pero sempre che agrada volver á orixe.

Preguntas sobre a xustiza

¿Que diferencia hai entre razón relevante e non relevante?


A razón relevante é aquela que che permite argumentar o porqué de merecerte algo. A non relevante é decir que o mereces pero sen ter un porqué.


¿A que concepto de xustiza estase a referir Aristóteles?



Arístoteles referíase a que a xustiza é completamente necesaria para esteblecer un sociedade con bases políticas fiables.


¿Son compatibles as normas de convivencia co individualismo?



Non, xa que o individualismo ameaza seriamente á xustiza por mor de que se cada individua actúa de maneira que el queira pode perxudicar moitas veces a un terceiro (caendo nunha falta xudicial) na busca do seu propio beneficio.

Contrato social

Contrato social é unha expresión que se utiliza na filosofía, a ciencia política e a socioloxía en alusión a un acordo real ou hipotético realizado no interior dun grupo polos seus membros, como por exemplo o que se adquire nun Estado en relación aos dereitos e deberes do estado e dos seus cidadáns. Pártese da idea de que todos os membros do grupo están de acordo por voluntade propia co contrato social, en virtude do cal permanecen a dito grupo.

O contrato social, como teoría política, explica, entre outras cousas, o orixen e o propósito do Estado e dos dereitos humanos. A esencia da teoría (cuxa formulación máis conocida é a proposta por Rosseau) é a siguinte: Para vivir en sociedade, os seres humanos acordan un contrato social implícito, que lles otorga certos dereitos a cambio de abandonar a liberdade da que dispoñerían en estado de natureza. Sendo así, os dereitos e deberes dos individuos as cláusulas do contrato social, e o estado a entidade creada para facer cumprir co contrato. Do mesmo modo, os homes poden cambiar os términos do contrato se así o desexan; os dereitos e deberes non son inmutables ou naturales. Por outro lado, un maior número de dereitos implica maiores deberes; e menos dereitos, menos deberes.

Separación de poderes

Desde a revolución francesa deféndese a separación de poderes en 3: Executivo, lexislativo e xudicial. Esto en un ideal liberalista que defendía sobre todo a burguesía e que se opón ó Antigo Réxime no que o monarca reune todos os poderes. Coa división de poderes conséguese menos arbitrariedades. E aquí recóllense unha serie de dereitos de 1ª xeración que se recollerían logo na declaración de dereitos humanos.

O poder executivo é aquel que executa as leis.

O poder lexislativo é aquel que elabora as leis.

O poder xudicial é aquel que vela polo cumplimentos das leis.