-¿Díganme , quen toma a decisión de marchar?
Non che sabería decir,pero penso que foi unha decisión conxunta.
-¿E, cal foi o motivo de elexir Argentina, tiñan a alguén por alá?
A verdade é que non tiñamos a niguén por alá,pero eran malos tempos e había que intentalo.
-¿En que ano marcharon?
Arredor do 1954,tiñamos uns 20 anos
-¿Levaban un destino fixo, tiñan contrato de traballo?
Non, a verdade é que non tiñamos traballo,pero coma xa dixen había fame e había que intentalo.
O destino era Argentina,aunque a min non me houbera importado ir a Venezuela.
-¿E os fillos naceron alá , logo?
Sí,de feito tubemos tres,duas mulleres e un home,todos naceron alá
-¿Entón cal foi a causa da volta?
Pois chega un momento en que os rapazes xa son grandiños,e apáñanse ben sen seus pais e plantexámonos que ou recollíamos os trastos ou seguíamos alá para sempre. Así que aínda con moita pena, decidimos voltar.
-¿Tiveron problemas para atopar traballo?
Miña muller atopouno deseguida gracias a unha antiga amiga,a min levoume algo máis de tempo,pero finalmente atopeino no que a min me gustaba.
-¿Votan de menos Argentina?
A verdade é que un pouco sí,vivimos bos momentos alá,pero sempre che agrada volver á orixe.
miércoles, 4 de junio de 2008
Entrevista
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario