miércoles, 4 de junio de 2008

Dereitos humanos

A declaración de dereitos humanos consta dunha serie de artigos dos que se derivan os demais xa que estes son os máis importantes.
Estes
artigos son:1,2,3,17,20,26 e a risco de faltar a algún. Agora falaremos nunhas liñas destes artigos.

O artigo 1 fala da igualdade de dereitos. Nel inflúe a historia xa que hai moita descriminación dende a antiguedade por exemplo dos homes cara as mulleres.

O artigo 2 fala de liberdade. Foi creado porque relixiosamente falando hai descriminacion entre razas.Historicamente porque hai mais zonas qu non viviron o liberalismo e non gozan das ventaxas deste. Economicamente porque moitos políticos non o cumpren.

O artigo 3 fala do dereito a vida:Economicamente non se cumpre porque nalgúns países só se obtén a seguridade se pagas. E politicamente non se cumpre porque en moitos países non se respecta a vida dos demais.

O artigo 17 fala da propiedade individual e privada. Este dereito haino porque ata hai uns séculos non existía a propiedade privada.

O artigo 20 fala da liberdade de reunión: historicamente non se cumpre porque na revolucion industrial non tiñan dereito a asociacións nin folgas.

O artigo 26 fala do dereito a educación:Este artigo e fundamental xa que a partir da educación fórmase unha persoa. En maior ou menor medida cúmprese en case todos os lugares.

Destes artigos derivan os demais xa que estes son os máis importantes ou fundamentais para a vida dunha persoa. O cumprimento dos dereitos humanos non depende soamente de que os cumpran ou non os estados se non que tamén temos que cumprilos todos e cada un de nos porque se nos respetamos a liberdade dos demais os demais respetaram a nosa liberdade.

No hay comentarios: